Ficha técnica
Un lapis de carpinteiro... e un feixe de presos transmútase nas figuras esplendentes do Pórtico da Gloria. ¿Maxia? Non, o poder trascendente da arte, a forza inmorrente do amor, o pulo indomeable da solidariedade: Manuel Rivas convídanos a celebrar o triunfo de todo isto dun xeito un tanto atípico; tanto, como festexar unha voda por poderes nun sanatorio de tuberculosos ou como recrearse coa fermosura tráxica da tise. Nesta novela o lector atópase unha vez máis, e de xeito radical, apreixado entre as estreitas lindes que separan (ou vencellan) realidade e ficción. Porque o seu autor rescata o mellor da nosa memoria, aquelo que, pola súa propia condición, consegue vencer o paso inapelable do tempo: a coherencia e a fe nos grandes ideais duns homes e mulleres sen os cales ningún de nós existiriamos. Nin el, nin eu que escribo estas liñas, nin ti, lector/a, que me atendes. Eles son a ponte que nos une cos nosos devanceiros remotos, a dignidade que outros non quixeron ou non puideron legarnos. Ánxel Casal, Roberto Nóvoa Santos, Camilo Díaz Baliño... e elas, as lavandeiras que codificaban, coa roupa tendida, mensaxes de amor e de resistencia; elas, que enviaban comida en seróns de bebé polo mar de Mendiño ata San Simón, o paraíso da desolación. Mais O lapis do carpinteiro é tamén a historia dun grande amor. Que algúns soubésemos desa historia, que coñecésemos os seus protagonistas, é irrelevante. O que importa dela é que nos lembra o poder salvífico do amor, dun amor expansivo, mutante, renovable e renovador; táboa de salvación dos amantes pero tamén de Herbal, dun pobre garda para quen a vida foi só un longo e sórdido túnel de miseria e brutalidade. Restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia do amor, de tantas formas de amor como o lapis de carpinteiro lle foi asinando a debuxar.
LIBROS RELACIONADOS: Free pdb books download A Song for You: My Life with Whitney Houston 9781524742843 in English by Robyn Crawford RTF read pdf, Ebooks descarga pdf gratis UN CABALLERO EN MOSCU de AMOR TOWLES download link, Free ebooks for nook download La Guia completa del ayuno CHM in English by Jason Fung 9788441438262 site, French books free download Iron Ambition: My Life with Cus D'Amato by Mike Tyson, Larry Sloman in English download link, Descargando google ebooks kindle MICROCONTROLADOR STM32: PROGRAMACION Y DESARROLLO PDF (Spanish Edition) download pdf,